A área de Participación reforza o 010 para atender as consultas da veciñanza

Seguindo as últimas medidas adoptadas polo goberno do Estado e a Xunta de Galicia ao respecto do coronavirus, dende a área de Participación e Servizos para a Veciñanza procedeuse a reforzar o 010 con tres novas persoas, que se pasará a ser o “centro da atención telemática á veciñanza”, segundo indicou Cristina López.

“Os servizos municipais seguen funcionando, con normalidade, e aconséllase utilizar o 010 como vía de entrada aos distintos trámites das áreas do Concello”, declarou Cristina López, que explicou que “no caso de que a consulta poida solucionarse de maneira telefónica, o 010 será o encargado de comunicar á persoa co servizo implicado”. Para casos nos que a atención presencial sexa imprescindible, Cristina López indicou que “a veciña ou veciño será citado para acudir ás oficinas do Concello”.

A cita previa será necesaria para a atención presencial en todos os servizos. Dende a área de Participación trabállase en estreita colaboración co resto de dependencias municipais para atender ás recomendacións emitidas polas autoridades sanitarias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com