A área sanitaria de Lugo baixa dos 200 casos activos por coronavirus

Nas últimas 24 horas a consellería de sanidade notificou só catro novos positivos, 16 menos que onte, na área sanitaria lucense. Tamén descende o número de ingresados no hospitais (Lugo-A Mariña-Monforte) facendo un total de 16 dos que 3 se atopan en UCI.
En canto ao total de casos activos en Galicia é de 2519; deles 998 son da área de A Coruña, 198 de Lugo, 154 de Ourense, 200 de Pontevedra, 468 de Vigo, 280 de Santiago e 203 da área de Ferrol.
Do total de pacientes positivos 51 están en UCI, 215 en unidades de hospitalización e 2253 en domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 110.921 persoas curadas rexistrándose 2319 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.798.972.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com