A área sanitaria de Lugo baixa dos 700 casos activos por Covid-19

Un día máis baixan os casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou  que nas última 24 horas o número de casos en Lugo é de 689, 36 menos que onte.

En canto a Galicia, o número total de casos activos de coronavirus  é de 4.304; deles 1.148 son da área da Coruña, 689 da de Lugo, 541 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 457 da área de Vigo, 625 da de Santiago, e 177 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.995 persoas curadas, rexistrándose 718 falecementos. A última persoa falecida en centros hospitalarios foi unha muller de 87 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 431.081.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com