A área sanitaria de Lugo conta con 37 casos activos por Covid-19, un menos ca onte

Un día máis seguen descendendo os casos activos por Covid-19 na área de Lugo; nos últimos datos facilitados pola Consellería de Sanidade hai un caso menos na provincia, o que fai que a provincia de Lugo conte con 37 persoas infectadas por coronavirus.

Logo do importante descenso no número de casos activos por Covid-19 en Galicia no día de onte, 109 casos menos, hoxe a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que, nas últimas 24 horas  o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 563, 6 menos ca onte; deles 132 son da área da Coruña, 37 da de Lugo, 51 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 195 da área de Vigo, 114 da de Santiago, e 18 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 26 están en unidades de hospitalización e 536 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.178 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 148.150.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com