A área sanitaria de Lugo contabiliza 894 positivos por Covid-19

Nas últimas 24 horas a área sanitaria de Lugo contabiliza 894 casos activos por coronavirus, segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Con estes datos, que son 26 menos que onte grazas á alta que recibiron 34 pacientes, hai que sinalar que houbo 12 novos positivos e lamentar o falecemento de catro persoas, tres da residencia de Outeiro de Rei e unha do Hospital Polusa.

Asemade, Sanidade da por controlado o brote no barrio da Milagrosa e levanta as medidas máis drásticas aplicadas neste barrio o pasado 28 de agosto, igualándoas ao resto da cidade, co que a partir de hoxe xoves. todos os locais de Lugo poden atender clientes no seu interior excepto na barra e cun aforo do 50%. En canto ás terrazas pasan do 50% ao 75% da súa ocupación.

En canto  ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.358; deles 1.407 son da área da Coruña, 894 da de Lugo, 473 da de Ourense, 402 da de Pontevedra, 348 da área de Vigo, 658 da de Santiago, e 176 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 184 en unidades de hospitalización e 4.149 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.434 persoas curadas, rexistrándose 672 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 78 anos que estaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro e presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 380.003.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com