A área sanitaria de Lugo suma outros 55 novos positivos por Covid-19 nas últimas 24 horas

Un día máis a área sanitaria de Lugo suma 55 novos casos activos por coronavirus. Unha cifra bastante inferior a rexistrada onte, na que se contabilizaban 167 casos logo do brote da residencia de Vilalba.

Segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, a provincia de Lugo hai un rexistro de 1.139 infectados, os cales a maioría están nos seus domicilios, aínda que medio cento están hospitalizados.

No que respecta ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.978 e baixa dos 9.000. Deles 1.854 son da área da Coruña, 689 da de Ourense, 1.242 da de Pontevedra, 2.388 da área de Vigo, 1.005 da de Santiago, e 661 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 96 están en UCI, 438 en unidades de hospitalización e 8.444 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 38.587 persoas curadas, rexistrándose 1.132 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 840.867.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com