A área sanitaria de Lugo supera os 600 casos activos por Covid-19

Segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade a área sanitaria de Lugo rexistrou 84 novos positivos nas últimas 24 horas, o que eleva o número de casos activos a 616.

En canto ao resto de Galicia tamén se incrementou o número de casos sumando nas últimas horas un total de 687 máis, o número máis elevado en toda a pandemia.

Con estes datos o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.170; deles 1.057 son da área da Coruña, 616 da de Lugo, 1.319 da de Ourense, 622 da de Pontevedra, 1.097 da área de Vigo, 1.047 da de Santiago, e 412 da de Ferrol.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com