A área sanitaria de Lugo xa traspasou a barreira dos 1000 casos activos por coronavirus

Na últimas 24 horas detectaronse 85 novos casos activos de Covid-19 na área sanitaria de Lugo. Con estes datos, Lugo traspasa a barreira dos mil afectados cun total de 1.031 positivos.

No informe diario da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 11.666, deles 2.843 son da área da Coruña, 1.031 da de Lugo, 1.605 da de Ourense, 954 da de Pontevedra, 2.167 da área de Vigo, 2.157 da de Santiago, e 909 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 91 están en UCI, 506 en unidades de hospitalización e 11.069 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 61.853 persoas curadas, rexistrándose 1.499 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.232.152.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com