A asociación “A Porta dos Ancares” de Baralla presentase cunha charla do Dr. Juanatey

A presidenta da asociación “A Porta dos Ancares” de Baralla María Jesus Sánchez,  pasou polos estudos de Radio LiderLugo e XornaldeLugo.com para falarnos desta nova asociación que  mañá venres dia 18 de setembro  se vai presentar en sociedade na capital municipal, concretamente, no Centro Sociocultural da localidade.

A asociación veciñal, con menos de dous meses de vida, fundouse o 17 de xullo de 2015, está a desenvolver unha grande  actividade, pois en tan corto período de tempo, xa foi quen de conseguir máis de 270 socios , o que da proba do bo facer de María Jesús  e o seu equipo directivo.

Sánchez explicou que a asociación  é a primeira asociación veciñal de Baralla,“Nos estatutos recollemos claramente que temos capacidade para desempeñar e desenrolar calquera tipo de actividade, é tamén unha asociación de tipo cultural, co cal abarca todo tipo de actividades culturais, de feito inauguramos cunha charla de Juanatei, xefe de cardioloxía do hospital de Lugo e estamos encantados de telo alí o próximo venres 18 de setembro ás nove da noite no centro Sociocultural de Baralla. Juanatey vai falar sobre o infarto de miocardio”, subliñou.

Segundo María Jesús, “o básico, o fundamental e o noso obxectivo é dinamizar un pouco o pobo” e continuou “o que queremos facer son actos, algunha festa e o tema veciñal, actos deportivos para os pequenos que tampouco hai moitos, en definitiva, que haxa máis actividades no pobo e que todo o mundo participe, porque esta é unha asociación que acolle a todo o mundo”.

Ás preguntas formuladas por Xornal de Lugo, de si consideraba que a asociación tiña algunha preferencia  política, Sánchez respondeu que “é unha asociación apolítica, hai xente de dereitas, xente de esquerdas, xente que non é de ningún partido político, aquí collemos todos” e puntualizou que “dende que se abriu a a autovía, notouse moito en Baralla. Antes sempre había  xente de paso, que paraba a tomar algo, pero  agora coa autovía, como en todos os pobos veciños  paralizouse, morreu un pouquiño o ambiente, pero aí estamos un grupo de xente con gañas, que imos intentar colaborar co concello, se este está disposto, e tamén con todos os partidos políticos sempre que o obxectivo sexa dinamizar o pobo, nunca intereses partidistas”. “Polo tanto nesta asociación insistimos e iso querémolo facer constar dende a directiva vai ser unha asociación independente, iso non significa que non se colabore coas institucións, con quen faga falta, sempre, como dixen, que o obxectivo sexa dinamizar o pobo darlle un pouco  máis de vida”.

En canto ao presuposto co que conta a asociación declarou,  “que a asociación empezou cos cartos da directiva, dos socios que aportan cinco euros anuais e logo empezamos a vender lotería, levamos vendidas 51 series, que xa finalizamos porque a xente colaborou moito e agora arrancamos co sorteo dunha cesta de Nadal, valorada en 300 euros, a rifa vale 2 euros. Os produtos que contén son os típicos dos Ancares, como di o nome da asociación, para promocionar tamén a zona”.

Para rematar a presidenta da asociación manifestou que “estamos moi agradecidos ao concello que nos está cedendo o Centro Sociocultural e en principio aí estaremos” e lembrou, como xa dixemos, que “o vindeiro venres día 18 terá lugar a gran inauguración da nosa asociación “A Porta dos Ancares” en  Baralla, que é a asociación de todos e que conta con socios a nivel provincial , porque temos socios non soamente da zona de Baralla, senón tamén de as zonas de As Nogais, de Becerreá, de Pedrafita e colaboran tamén moitos establecementos da zona de O Corgo, de Marei, etc; incluso de Lugo. Estamos encantados e a verdade é que tivo moi boa acollida”. O acto de inauguración está aberto a todas as persoas  e todo o mundo pode asistir á charla e aos petiscos e bebidas que se van servir.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com