A Asociación ASCM de Ferrol presenta en Viveiro o libro ‘Cenx100’

A Asociación Sociocultural ASCM, con sede en Ferrol, viaxa a Viveiro para facer entrega a persoas centenarias e familiares do libro Cenx100 e achegarlles, así, o froito do seu traballo. O proxecto, que recolle as vivencias de 100 persoas de máis de cen anos de Galicia e que conta co apoio vizual do artista, Manuel Patinha, será presentado na cidade o mércores ás 11.30 horas. A Residencia Domus VI Viveiro será o escenario no que se desenvolverá este acto.

A presenza dalgúns dos centenarios e os seus familiares fará de Viveiro un punto de encontro cargado de emotividade e vivencias personais. A Asociación agradece a participantes e familias a súa implicación no proxecto. Pretenden, asemade, garantizar o seu compromiso adquirido coa sociedade, de achegar o traballo realizado por todo o equipo Cenx100 á cidadanía en xeral; sendo a asistencia ao evento de carácter libre e gratuito ata completar o aforo do recinto.

Esta é a sexta presentación oficial do libro. Un roteiro que comezaba o pasado outubro en Santiago de Compostela; continuaba en Ferrol, cun acto celebrado no mes de decembro; recalaba en Noia o 23 de xaneiro; chegaba a Tui o 30 de xaneiro e iniciaba o seu periplo pola provincia lucense, o pasado mércores, en Sober. O obxectivo da proposta pasa por trasladar o traballo realizado pola asociación aos diferentes puntos da xeografía galega a través de presentacións das vivencias dos seus outros compañeiros do proxecto, potenciando, así, o envellecemento activo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com