A Asociación de Directores/as de Residencias sociais de Galicia demanda un mando único para a xestión da pandemia

A Asociación de Directores de Residencias Sociais de Galicia (DiReS), que agrupa a preto de medio cento de profesionais das catro provincias, diante das últimas incidencias por contaxios masivos en centros da provincia de Lugo, manifesta que: non está de acordo coas intervencións de última hora dos centros por parte das administración. DiReS quere apoiar aos profesionais destes centros, entregados desde o comezo da crise a tratar de evitar situacións como as que agora lles toca vivir e que, nos consta, deron o mellor de si mesmos para garantir a saúde e o benestar dos seus usuarios. Neste senso, DiReS chama á administración, e ofrece a súa colaboración, para artellar mecanismos de colaboración entre os centros e a administración que eviten que se chegue a estas situacións, mediante una análise conxunta das dificultades provocadas pola presente pandemia, e sentando as bases dunha efectiva coordinación socio-sanitaria igual para toda a Comunidade. No marco desta colaboración, a administración debe supervisar e apoiar o desenvolvemento dos Plans de Continxencia dos centros, así como axudar a garantir a continuidade das plantillas, moi mermadas pola necesidade de períodos de illamento daqueles traballadores contaxiados ou en contacto con positivos. A Asociación entende, asimismo, que debe ría crearse algún tipo de órgano consultivo que poda dar resposta eficaz a moitas das dúbidas expostas de maneira continua polas direcciónsdos centros, e que actualmente poucas veces teñen resposta. Este órgano ou MANDO ÚNICO, xa demandado desde o me de marzo por outras entidades, garantiría unha resposta única e homoxénea en todo o territorio galego. A Asociación considera que, neste marco, a administración debe reconsiderar a posta en marcha de novo de centros intermedios que permitan retirar os casos positivos que non precisen atención hospitalaria, dado que xa se ten demostrado que é unha medida eficaz na contención dos gromos toda vez que os centros non están deseñados para o illamento eficaz dos casos positivos. Esta é una necesidade percibida por todo o sector, así como polas sociedades científicas do ámbito da xeriatría e a xerontoloxía, como reiteradamente se ven expoñendo desde o comezo da crise. A Asociación ven de demandar unha Reunión coas Consellerías de Política Social e de Sanidade para dar traslado das demandas e necesidades dos Centros Residenciais e para poñerse á súa disposición na loita contra a pandemia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com