A Asociación de Reiki de Lugo organiza unha xornada de portas abertas

A asociación de Reiki de Lugo ten programada para este vindeiro domingo, día 25 de novembro, unha nova xornada de portas abertas para a que convidan a todos aqueles interesados en recibir unha sesión desta técnica milenaria. Así, a Casa María Mariño (rúa Montefaro,2), terá as súas portas abertas ao público dende ás 10.15 horas para arrancar a xornada -quen o desexe- cunha sesión de meditación e, a continuación, seguir coa sesión de Reiki ata as 12.30 horas.

Ténica milenaria

Reiki é unha técnica milenaria de transmisión e canalización de Enerxía a través das nosas mans redescuberta a comezos do século XX por un estudoso xaponés chamado Mikao Usui. A palabra Reiki é de orixe xaponesa e significa Enerxía Vital Universal; canalizar ese Ki para revitalizar a propia enerxía e lograr unha harmonización a nivel físico, mental, emocional e espiritual, é dicir para obter un equilibrio en todos os niveis da persoa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com