A Asociación de Veciños Centro solicita ao Goberno Municipal a restrición efectiva do tráfico non autorizado ao centro

Segundo a asociación o novo plan de tráfico posto en marcha hoxe por mor do avance das obras de peonalización do centro, “non fixo máis que agravar a xa caótica situación de circulación tanto de tráfico como peonil nestas zonas”.

A asociación considera que “a situación compromete xa gravemente a seguridade tanto de peóns como de vehículos na xa case intransitable Rúa San Marcos, onde xa as caídas de veciños son constantes, na Rúa Nova, na Praza de Santo Domingo, onde ademais a sinalización é moi deficiente, nas entradas aos colexios Quiroga Ballesteros e A Milagrosa e nestas zonas convivindo os peóns, ademais de cos vehículos que acceden debida ou indebidamente, cos distintos vehículos de obra polo medio.

Ante esta situación que compromete xa de xeito grave a seguridade dos veciños, a Asociación solicita ao Concello, “o arranxo inmediato da Rúa San Marcos que levan pedindo constantemente e a restrición efectiva do tráfico non autorizado, adoptando as medidas que sexan precisas e coa colaboración da Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com