Olalla Rodil, viceportavoz do BNG no Parlamento Galego e Rubén Arroxo, portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo mantiveron onte unha xuntanza con representantes da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo para achegar o posicionamento do BNG acerca do acceso a servizos bancarios.
Olalla Rodil afirmou que a exclusión financeira de miles de cidadáns en Galicia “ten dúas caras, por unha banda, no medio rural dende xa non poden acudir a ningunha oficina bancaria e para todas esas persoas para que as novas tecnoloxías estanse a converter nunha carreira de obstáculos”. Olalla Rodil destacou que “desde o BNG recollemos e compartimos as propostas deste colectivo, que están a facer a chegar a todas as forzas políticas do país con representación nas distintas institucións”.
Por outra parte, subliñou que a exclusión financeira tamén amosa outras caras, “peches de oficinas, encarecemento do cobro por acceder á conta bancaria, realizar transferencias ou xestionar os seus aforros, accións que afectan máis gravemente ás persoas maiores ante a posta en marcha de novas tecnoloxías que supoñen outro atranco cando carecen dun teléfono móbil intelixente ou conexión a internet”, aformou Olalla Rodil, que lembrou que “o sistema bancario foi rescatado por todos e todas nós, incluídos cos cartos das persoas maiores, máis de 90.000 de euros para recatar unha banca que agora os devolve en forma de exclusión financeira”.
Non podemos tolerar, dixo, que as persoas maiores teñan a obriga de adaptarse ao bancos, “son os bancos os que deben adaptarse as necesidades dos nosos e nosas maiores” que merecen un trato humanizado e de calidade.
O BNG aposta por unha banca pública galega para poñer no centro a veciñanza e non a usura, evitando que unha parte do aforro galego marcha para fóra do noso país. Olalla Rodil afirmou que “é urxente frear os abusos da banca e pola parte das entidades bancarias ofrecer un trato humanizado e todos os recursos que precisan”. A deputada do BNG reclamou á
Xunta “que lidere as negociacións para protexer os dereitos das persoas usuarias da banca garantindo o acceso aos servizos sen discriminación”.
Post Views: 0