A asociación ecoloxista presentará demanda no contencioso -administrativo logo de pedir xustiza gratuita.
O Monte de Escoiras tería un total de 12 balsas de decantación e a posible rotura dunha delas tería consecuencias nefastas para os núcleos próximos e os ríos, incluido o río Landro.
Cómpre ter en conta que os materiais en suspensión destas balsas adoitan ter metáis pesados. Cando se abandonan metais tóxicos no ambiente, contaminan o chan e acumúlanse nas plantas e os tecidos orgánicos. O perigo dos metais pesados é maior ao non ser química nin biolóxicamente degradables. Unha vez emitidos, poden permanecer no ambiente durante centos de anos.
O perigo dos metais pesados reside en que non poden ser degradados (nin química, nin biolóxicamente) e, ademais, tenden a bioacumularse e a biomagnificarse (que significa que se acumulan nos organismos vivos acadando concentracións maiores que a que alcanzan nos alimentos ou medioambiente, e que estas concentracións aumentan a medida que ascendemos na cadea trófica), provocando efectos tóxicos de moi diverso carácter. No ser humano detectáronse infinidade de efectos físicos (dores crónicas, problemas sanguíneos, etc) e efectos psíquicos (ansiedade, pasividade, etc). Ver: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/atmosfera-y-calidad-del- aire/emisiones/probamb/metales_pesados.aspx
Por tanto estas balsas deberan catalogarse como balsas de residuos mineiros da Categoría A e por tanto, deberan contar con un sistema de xestión da seguridade e de emerxencias. Cómpre lembrar que estamos a falar de terreos húmidos que escoan pola súa propia configuración e non existe un estudo xeotécnico que demostre que as balsas se poden excavar sobre a rocha directamente como afirma a promotora. Por outra banda, en base ao principio de precaución e tendo en conta a presencia moi próxima de núcleos de poboación, fontes, cauces e brañas con presencia de turberias xa non debera permitirse esta actividade extractiva a ceo aberto.
Cómpre lembrar ademais que o periodo de retorno do caudal das balsas está previsto para 20 anos. Así prevese unha Balsa 1 (Fronte 1) con un volumen de 960 m3, unha balsa 2 (Fronte 2) con un volumen 1.575 m3, unha balsa 3 (Fronte
3) con un volumen e 960 m3 e unha balsa 4 (fronte 4) con un volumen de 942 m3.
Un total de auga de 4.437 metros cúbicos almacenada en 12 balsas e partindo das previsións realizadas pola promotora, xa que en canto ás intensidades, unha choiva lixeira oscila entre 0,25 a 1 mm/hora, e unha choiva intensa ou torrencial excede os 20 mm./hora. As precipitacións que orixinan avenidas catastróficas son excepcionalmente intensas, ás veces máis de 200 mm nunha hora, e este aspecto non foi avalidado. A mercantil promotora non avalía o peor escenario posible. Cómpre lembrar ao respecto o desastre ambiental que no ano 2014 supuxo a rotura das balsas da canteira do Monte Neme en Carballo (A Coruña), a raíz precisamente de abondosas precipitacións e as concentracións anómalas de aluminio que contiñan estas augas, que tamén procedían da auga da choiva al igual que indica a promotora no proxecto.
A necesidade da preceptiva avaliación de impacto ambiental do proxecto.
A avaliación ambiental resulta indispensable para a protección do medio ambiente. Facilita a incorporación dos criterios de sustentabilidade na toma de decisións estratéxicas, a través da avaliación dos plans e programas. E a través da avaliación de proxectos, garante unha adecuada prevención dos impactos ambientais concretos que se poidan xerar, á vez que establece mecanismos eficaces de corrección ou compensación.
Por outra banda NON CONSTA a renovación e prórroga dos permisos de investigación outorgados á mercantil promotora por periodos sucesivos nin que estes estén vixentes consonte ao artigo 30 da Lei 3/2008, e 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia e consonte ao disposto na lexislación xeral.
No Monte de Escoitas atópanse as especies higrófilas como, fundamentais para os ecosistemas como:
1) Rumex rupestris 7723 Higrófilo. Comunidades fontinales
2) Sphagnum pylaesii Briófito Higrófilo. Zonas turbosas
3) Woodwardia radicans 9455 Higrófilo. Bosques higrófilos
4) Sphagnum spp. Turfófitos De interés especial
5) Vandenboschia speciosa (=Trichomanes speciosum) 9258 Higrófilo. Bosques higrófilos Listado
Os hidrófitos e helófitos son plantas que dependen totalmente dos hábitats acuáticos, xa que tanto a súa anatomía, como a súa fisioloxía e demais procesos vitais están adaptados ás condicións que impón este medio.
Pola súa banda, os higrófitos habitan en terreos moi húmidos ou cubertos de auga, tanto de maneira permanente como temporal.
Dentro dos higrófitos, estarían as especies turfófitas, asociadas aos hábitats de turbeira. Son plantas que ocupan diversos tipos de ambientes, cun denominador común que é a presenza de auga: os ambientes máis representados son os cursos de auga e humidais temporais non salinos, seguidos dos prados húmidos, os bosques higrófilos e os hábitats turbosos.
A execución da explotación mineira eliminaría e afectaría de forma irreversible a estes hábitats afectando á necesaria permeabilidade dos ecosistemas, á conectividade ecolóxica e á necesaria coherencia da Rede Natura 2000.