A asociación Pepe Barreiro organiza unha exposición con motivo do seu 20º aniversario

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua acudiu, xunto co Tenente de Alcalde e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza á presentación da exposición Asociación Pepe Barreiro, un antes e un despois, coa que a área de Cultura colabora, e na que a asociación fai un repaso destas dúas décadas organizando as actividades do Enterro da Sardiña. “Unha viaxe pola historia desta asociación tan importante para o as festas do Entroido en Lugo”, indicou Maite Ferreiro.

“Trátase de facer un recoñecemento ao traballo feito pola asociación Pepe Barreiro, que nos lembra ás persoas que foron protagonistas do Entroido”, indicou a titular de Cultura, que destacou “seguen a traballar para manter vivo o Enterro da Sardiña”.

O mércores 26 terá lugar o Enterro da Sardiña. Ás 19:00 o quiosco da música da praza Maior acollerá o Velorio da Sardiña. Todas as persoas que queiran acompañar á familia no Velorio están convidadas. Así mesmo, poderán deixar constancia da súa pena no libro de firmas. Ás 19:30 a Santa Compaña fará un percorrido pola praza Maior cantando miseres en latín, e achegarase ao Velorio para apoderarse da ánima da Sardiña. Ás 20:00 comezará o Enterro da Sardiña. O cadaleito sairá do quiosco para se incorporar á procesión no Circulo das Artes e percorrerá diferentes rúas de Lugo, con paradas na praza do Campo e da Soidade, ata rematar na praza Maior, onde se lerán os ferretes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com