A Asociación Si, hai saída alerta de que as vítimas de violencia de xénero estarán desprotexidas durante mais de 20 días no mes de Decembro

Desde a Asociación Si, hai saída contra a Violencia de Xénero alertamos da situación de practicamente total desprotección na que se atoparán as vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas durante o mes de Decembro e a primeira semana de Xaneiro con motivo da ponte da Constitución e da Inmaculada, as festas de Nadal e as fins de semana.

Como é sabido, durante estas datas, a Ufam (Unidade de Familia e Axuda a Muller) ficará baleira de persoal, os Xulgados estarán baixo mínimos, e tampouco a Casa da Muller prestará servizo nos días festivos e fins de semana, como xa é habitual, algo que este ano, polo xeito no que coinciden estes días, provocará que, desde o 4 de Decembro, durante case todo o mes, ata o 8 de Xaneiro, a indefensión destas mulleres vai ser case total.

É totalmente irracional, como vimos denunciando ano tras ano, este empeño en ignorar unhas eivas tan graves, nunhas datas nas que o repunte da violencia de xénero é un feito mais que demostrado, e o nulo interese en poñerlle remedio por parte das Institucións implicadas, ademais da palpable demostración da falsidade deses actos do 25N nos que se berra para que remate a violencia machista, pero ignorando sistemáticamente a raíz do problema.

De nada serven cantos recursos e orzamentos se destinen a esa suposta loita se falla a base, algo que está mais que demostrado, pero que semella que unha cegueira colectiva impide ver, incluídos o deses colectivos presuntamente feministas que se disputan a primeira fila nas fotos, pero que non son quen de abordar o problema desde a raíz, malia que moitos deles están a encher os seus petos grazas a gran mentira que é a súa suposta loita.
Apenas transcorreran 24 horas desde que remataron as manifestacións do 25N cando se produciu o primeiro grave caso de violencia de xénero, en Vallecas.Un home tentaba asasinar a súa muller, diante dos dous fillos da parella.
A muller faleceu, finalmente, no hospital, este mesmo Luns.

24 horas despois, unha muller e a súa filla, unha meniña de tan so 3 anos, eran asasinadas polo seu marido e pai.
O mesmo día, unha muller era ferida cunha arma branca pola súa parella, tamén diante do seu fillo na Coruña, mentres que, case ao mesmo tempo, se confirmaba a morte violenta dunha muller cuxo cadáver foi achado no Porriño.
E, ante un panorama tan dantesco, nada mudou, nin nada semella que se vaia facer por, sequera tentalo.
Prevención, cero, protección cero, conciencia, cero.
Tan so negocio e aparencia.
Asociaciòn Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com