A Asociación Si, hai saída condena o asasinato dunha muller, presuntamente pola súa parella, no concello de O Bolo

Desde a Asociación Si, hai saída queremos manifestar a nosa mais rotunda condena ante o novo asasinato machista, o sétimo no que vai de ano, dunha muller, acoitelada, presuntamente, polo seu marido, no concello ourensán de O Bolo (Ourense), así como manifestar as nosas condolencias e todo o noso apoio e agarimo aos seus seres queridos, especialmente ao seu fillo.

Así mesmo, desde a nosa asociación, de novo alertamos da cada vez maior normalización que se está a facer da violencia de xénero, malia que se nos venda o contrario, a que cada vez se lle presta menos atención, mais que, pola contra, se está a facer dela un negocio cada vez mais lucrativo e rendible para moitos, que, ao seu abeiro, están a medrar política, social e economicamente.

Tampouco é certo que a protección que se lles está a brindar as vítimas sexa cada vez maior, e isto é algo que podemos constatar os que traballamos día a día con elas, e do que teremos, moito nos tememos, unha vez mais, un claro exemplo, nesta vindeira Semana Santa, na que,
coma sempre sucede, desde o Mércores, 16 de Abril, ata o Luns, día 21, as vítimas xa existentes ou potenciais, así como os seus fillos e fillas, quedarán desprotexidos practicamente de todo, coas Ufam das comisarias baixo mínimos, por non dicir baleiras de todo, e isto no mellor dos escenarios, xa que serán moitos os que aproveitarán para disfrutar unha longa ponte desde o Luns, 14 de Abril.

Dito doutro xeito, durante toda unha semana, cando mais protección precisan, as vítimas non lles quedará outro recurso que confiar na súa sorte, e pregar que nada irreparable lles pase a elas e aos seus fillos e fillas, o cal, pese a quen pese, é un xeito mais de maltratar, malia que sexa desde as Institucións.

Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com