A asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero de Lugo manifesta o seu agradecemento ao Comisario Manuel Teijeiro

Cando tan só faltan unhos días para a xubilación do Comisario da Policía Nacional de Vigo, Manuel Teijeiro Sande, que dirixiu durante varios anos a Comisaría de Lugo, desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero de Lugo queremos, ademais de desexarlle o mellor nesta nova etapa, manifestar o noso recoñecemento e a nosa gratitude pola súa encomiable labor no eido da violencia de xénero, así como pola súa implicación, ademais do noso sinceiro agradecemento polo seu apoio na etapa na que tivemos a fortuna de poder colaborar con él, unha etapa que se prolongou tres anos, e durante a cal, o Comisario Teijeiro demostrou que efectividade e humanidade poden perfectamente camiñar da man, contribuindo, ademais, deste xeito, a humanizar a imaxe da Institución, algo, entendemos, fundamental, para que cada vez mais vítimas de violencia de xénero se decidan a denunciar.

Manuel Teijeiro soubo entender as nosas demandas nas que lle transmitimos as necesidades das vítimas de violencia de xénero no momento que toman a difícil decisión de denunciar ao seu agresor, no que a sensibilidade e a empatía de quen recolle estas denuncias, así como a súa posterior atención, xogan un papel decisivo na decisión da vítima de continuar adiante ou ben interrumpir o proceso, o cal pode implicar graves consecuencias para ela, e mesmo custarlle a vida.

Tamén as nosas actividades divulgativas, que coidamos de xeito especial, tanto nas charlas que organizamos periódicamente desde a propia asociación, como as que impartimos nos centros de ensino donde se solicita a nosa presenza, e coas que tentamos concienciar aos mais novos na detección e prevención da violencia machista contaron en todo momento co seu respaldo, fomentando e facilitando sempre que algún membro da Policía nos acompañase, o que contribuíu de xeito notable a achegarlles a súa labor, así como a facela mais cercana e humanizala, transmitíndolles que poden solicitar a súa axuda e mesmo o seu consello sen medo e coa
seguridade de que serán escoitados e atendidos.

Se de alguien se pode falar como exemplo de coherencia, de humanidade e de profesionalidade, é do Comisario Manuel Teijero, como o ten mais que demostrado coa súa longa traxectoria, e de novo lle damos as grazas, ao mesmo tempo que lle facemos chegar, no nome de todo o equipo de Si, hai saída, de corazón, o noso sinceiro respecto, así como o noso agarimo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com