A Asociación Si, hai saída manifesta a súa preocupación polo peche do Punto de Encontro durante dúas semanas do mes de Agosto

Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero lamentamos ter que expresar, un ano máis, a nosa preocupación polo peche do Punto de Encontro de Lugo durante dúas semanas do mes de Agosto, concretamente dos días 2 ao 16, ambos inclusive, medida que consideramos, ademais de totalmente ilóxica, dado o fin para o que se destina este servizo, unha gran imprudencia, polos conflictos que isto pode chegar a xerar.
Como en ocasións anteriores, queremos deixar moi claro que non cuestionamos en absoluto o dereito ao descanso do persoal do Punto de Encontro, e que somos conscientes de que existe un decreto que autoriza ese descanso, pero non a costa da desprotección dos usuarios, aos que non se lles proporciona alternativa ningunha.
O lóxico sería, no noso criterio, que o persoal que vai disfrutar as súas vacacións fora substituido, o que evitaría que se chegaran a producir conflictos e mesmo situacións de risco.
Non esquezamos que o uso do Punto de Encontro ven dado por unha resolución xudicial en situacións nas que o xuíz considera que se pode dar unha situación de tensión ou de perigo á hora de intercambiar aos menores por mor dos reximes de visitas, como é o caso dalgúns nos que a nai é vítima de violencia de xénero, sendo mesmo preciso nalgún caso acompañamento policial para realizar o intercambio, o que reflicte claramente o inconveniente do peche.
Así mesmo, non podemos obviar que este ano esta circunstancia cobra especial importancia, xa que debido a pandemia, o Punto de Encontro permaneceu pechado durante un longo período de tempo, no que os usuarios quedaron totalmente abandoados a súa sorte, xa que non se lles ofreceu opción algunha e tampouco o CGPJ se pronunciou, apelando a boa vontade dos proxenitores, algo totalmente irresponsable, xa que de todos é sabido que as visitas e intercambio de menores son unha fonte constante de enfrontamentos que chega a provocar nalgún caso situacións violentas.
Isto provocou unha crispación entre moitos proxenitores que ainda perdura, xa que non se recobrou, polas medidas sanitarias que foi precio implementar, a anterior normalidade, polo que o peche, nunca lóxico, é, agora mesmo, ademais de perigoso, irresponsable.
Por outra banda, é absolutamente ilóxico, ademais de temerario, que en épocas especialmente proclives a estes conflictos, como son os períodos vacacionais, algo que é, ademais, máis que coñecido, os xa non moi abundantes recursos de protección que existen, se vexan notablemente reducidos ou cheguen a ser prácticamente inexistentes, algo especialmente grave xa que nestas datas tamén os efectivos policiais están baixo mínimos.
É evidente que a protección e a prevención da que tanto nos falan non son reais e que os servizos destinados, se supón, a tentar paliar os riscos xurdidos de situacións de perigo como é a violencia de xénero, non soamente non o fan, se non que, en non poucas ocasións, coma neste caso, contribúen a incrementalos, xa que nas épocas nos que os riscos aumentan, tamén o fan a desprotección e o desleixo.

Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com