Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero queremos expresar o noso agradecemento ao presidente da Audiencia de Lugo, D. J.Antonio Varela Agrelo, por brindarnos a oportunidade de participar na reunión constitutiva da Comisión Provincial de Violencia de Xénero, así como aos representantes das diversas institucións que tamén estiveron presentes e forman parte dela.
Cremos que é imprescindible que, para que a loita contra a violencia de xénero, que tantas vidas se está a cobrar, se lles dea voz as que mellor poden falar sobre ela e transmitir, porén, os sentementos, a dor, os medos e as necesidades das mulleres que a están a sufrir, as propias vítimas, así como facer chegar a quen compete as eivas que existen na súa asistencia e na axuda que se lles está a prestar.
É totalmente ilóxico pretender levar adiante calquera tipo de loita sen coñecer de primeira man a que nos imos enfrontar, baseándonos tan só en teorías, máxime cando estamos a falar de vidas, como é o caso da violencia de xénero, que tantas se ten xa cobrado, e se sigue cobrando.
Por eso, para Si, hai saída é unha honra, ademais dunha enorme responsabilidade, ser a interlocutora escollida, e non podemos por menos que reiterar o noso agradecemento polo feito de que, por primeira vez, as vítimas da violencia machista, as que vivimos a súa dura realidade día a día, esteamos a ser escoitadas.
Cremos que este feito marca un antes e un despois na loita contra a violencia de xénero en Lugo, e, pola nosa banda, soamente non queda reafirmar, ademais da nosa sinceira gratitude, o noso firme compromiso de traballar cada día con mais tesón e con mais forza e ratificar a nosa disposición para axudar e apoiar en todo aquelo no que poidamos ser de utilidade.
Marta Rodríguez Engroba
Asociación Si, hai saída