A Asociación Si, hai saída manifesta o seu rexeitamento hacia o oportunismo da Plataforma Feminista

Desde a Asociación Si, hai saída, en relación coa nova aparecida nos medios de comunicación na que a Plataforma Feminista, mediante rolda de prensa, aparece coa irmá de Ana Gómez, brutalmente asasinada pola súa ex parella o 11 de febreiro de 2016, na que esta fixo pública a presentación dunha reclamación ao Concello de Lugo na que denuncia o deficiente funcionamento da Casa da Muller, o cal considera directamente responsable do asesinato da súa irmá, xa que afirma que esa misma mañá acudira a este organismo a pedir unha cita, que lle foi dada para 22 días despois, queremos manifestar o nos mais rotundo rexeitamento ante esta nova mostra de oportunismo do colectivo, que unha vez mais amosa o seu xa habitual modus operandi de erixirse en portavoces das causas con sona, e, coma adoita facer, nunhas datas moi oportunas, preto do 25 de novembro.

Un ano mais, non defraudaron

Non imos caer, en Si, hai saída, na postura hipócrita e incoherente de manifestar o noso apoio a Casa da Muller, xa que de todos é sabido que, desde que comezamos a nosa andaina, mais dunha vez nos fixemos eco das eivas no seu funcionamento que moitas mulleres nos transmitían, e mesmo desde o noso colectivo, o 21 de febreiro do 2016, dez días despois de que Ana fora asasinada, nos diriximos por escrito a Fiscalía para solicitar que se investigasen os pormenores deste caso e se depurasen responsabilidades, deixando perfectamente claro que non sinalábamos cun dedo acusador a ninguén, se non que o que desexábamos era que se esclarecesen os feitos e se as actuacións levadas a cabo foran as correctas.

Nunca tivemos, certamente, apoio ningún nin no que atinxe a esta reclamación nin as anteriores, pero sempre asumimos a responsabilidade das mesmas e nunca caimos na tentación de buscar o titular fácil. O que non ten, ao noso entender, xustificación algunha, é o mais que evidente afán de protagonismo deste colectivo do que non se coñece mais “traballo” que as súas aparicións mediáticas apuntándose a todas aquelas causas que saben terán repercusión pública.

A auténtica loita contra a violencia de xénero é outra cousa

É un traballo de cada día que se fai, ou se debería facer, coa única finalidade de axudar as vítimas e aos seus fillos, non para acadar protagonismo, e actuacións coma as que xa nos ten acostumados a Plataforma Feminista non fan se non desacreditar esa loita, así como ese feminismo e esa sororidade que tanto predican e que tan pouco practican.

Por desgraza, o mesmo que nos atopamos con medios de comunicación amarelistas, tamén existen, lamentablemente, colectivos de iguais características, que apoiándose na dor allea acadan os seus momentos de gloria e que non fan mais que desvirtuar a auténtica loita contra a violencia de xénero e o verdadeiro feminismo, que nada ten que ver co que elas predican.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com