A asociación Si, hai saída solicita que se castigue a omisión da aplicación do protocolo contra o acoso laboral, sexual e/ou de xénero

Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, en relación co tráxico caso de Verónica, a muller que perdeu a vida por mor da situación de acoso sufrida no seu eido laboral provocada pola difusión dun vídeo de contido sexual no que ela aparecía, esiximos que sexa castigada con todo o rigor e contundencia a omisión da aplicación do protocolo contra o acoso laboral, sexual e/ou de xénero, que dí, según o artigo 48 da Lei Orgánica para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes, “as empresas deberán promover condicións de traballo que eviten o acoso sexual e o acoso por razón de sexo e arbitrar procedementos específicos para a súa prevención”.

Son moitas as veces que, desde a nosa asociación, advertimos sobre a escasa ou nula aplicación do devandito protocolo, algo que polo noso traballo con vítimas de violencia de xénero temos ocasión de constatar en non poucas ocasións e en diversos eidos, sendo, por desgraza, no caso de Verónica, como noutros precedentes, tráxicas as consecuencias de tal omisión.

É totalmente intolerable, ademais de deleznable, que unha empresa, neste caso Iveco, despois de facer oidos xordos a petición de axuda de Verónica, trasladándolle a ela, mesmo despois de morta, a responsabilidade de non ter denunciado, e incumplindo a súa obriga ineludible de facelo, teña a desvergoña de exhibir un comunicado no que alardea do seu compromiso no establecemento e desenvolvemento de políticas de igualdade, así como da súa aplicación, supoñemos que coa finalidade de lavar a súa imaxe.

O tráxico caso de Verónica e un mais dos que cada día acontecen, e un xeito mais de violencia de xénero. Moitas mulleres son violentadas, acosadas e humilladas, sen que os protocolos pertinentes sexan activados, o que debería ser castigado con todo rigor. Non esquezamos que tan culpable é o que maltrata, o que violenta ou o que acosa, como o que, sabendo, cala, convertíndose, porén, en cómplice.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com