A Audiencia absolve por falta de probas a un acusado dunha agresión sexual

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu, por non quedar acreditado que as relacións sexuais non fosen consentidas, a un acusado de agredir sexualmente a unha muller que formaba parte do grupo co que ceou e inxeriu bebidas alcohólicas entre o 16 e o 17 de maio de 2021.

O tribunal considera probado que, sobre a unha da madrugada, o grupo decidiu dirixirse á vivenda dun dos integrantes. Ao chegar ao domicilio, a denunciante, segundo consta na sentenza, comezou a sentirse mal, polo que, acompañada pola súa curmá, se tombou sobre unha cama dunha das habitacións do inmoble, á que acudiron varias veces o seu familiar e o procesado, dicíndolles que a deixasen, que se atopaba mal, chegando a vomitar na propia habitación.

Segundo a sentenza,“no transcurso da madrugada, polo menos en dúas ocasións, o procesado mantivo relacións sexuais con ela, sen que quedase acreditado que as mesmas non fosen consentidas”, sinala o tribunal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com