A Audiencia de Lugo absolve á dona dunha empresa de madeiras dun delito de apropiación indebida

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu do delito de apropiación indebida á dona dunha empresa de madeiras acusada de asinar un contrato de arrendamento de maquinaria pesada cunha sociedade domiciliada en Viveiro e restituír só, tras o incumprimento do contrato, unha parte dos bens en mal estado. “Non cabe inferir na conduta despregada pola entidade a intención de apoderamento que esixe o tipo penal polo que se formula acusación”, explica a Sala, á vez que sinala que “o contrato celebrado entre as partes, un contrato de compravenda de bens mobles a prazos con reserva de dominio, non constitúe título hábil para a apreciación do delito de apropiación indebida”.

Así, explica que, da proba practicada, “resulta que ambas as entidades mercantís mantiveron posicións encontradas no procedemento civil, instando a resolución do contrato celebrado entre ambas en data 14 de outubro 2011, imputándose reciprocamente o incumprimento das obrigas derivadas do mesmo”. Con todo, sinala que, acollida a pretensión de entidade con sede en Viveiro, o xulgado acordou a resolución do contrato condenando á empresa de madeira á devolución dos bens. “A condenada devolveu a procesadora e o autocargardor, non así a pa Volvo, agora ben, pola súa representación púxose de manifesto que a pa estaba nun estado lamentable e levou ao despezamento e o certo é que non consta que se comprobase se tales manifestacións respondían á realidade”, sinala a Sala na sentenza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com