A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu un pai acusado de abusar da súa filla discapacitada. O tribunal considera que a proba practicada “non permite chegar á conclusión” de que os feitos acontecesen “realmente e obxectivamente” como indica a acusación. Así, destaca que na denuncia inicial “non hai ningunha mención a un feito tan grave como un posible abuso ou agresión sexual, pero si que aparece un posible maltrato físico”. Ademais, os xuíces sinalan que, no acto do xuízo, a filla do sospeitoso negou ser vítima de abusos por parte do seu pai.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.