A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a penas dun ano e medio e de dous anos de prisión a catro persoas, unha delas como autora dun delito de alzamento de bens e, o resto, como cooperadoras necesarias, coa concorrencia da circunstancia atenuante de dilacións indebidas.
A Sala considera probado que, coñecedoras da delicada situación económica que atravesaba unha empresa, levaron a cabo unha serie de actuacións de venda de activos tendentes a diminuír o patrimonio da compañía, en claro prexuízo dos seus acredores e, en concreto, dunha comunidade hereditaria, á que deberán indemnizar con 20.394 euros.