A Audiencia de Lugo condena a cinco anos de cárcere a un avó por abusar da súa neta menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco anos de prisión a un avó por cometer un delito continuado de abuso sexual a menor de 16 anos sobre a súa neta.

Ademais, impúxolle a prohibición de aproximación á menor, ao seu domicilio, centro de estudos e outros lugares por ela frecuentados, así como de comunicarse con ela por calquera modo, durante oito anos. O tribunal considerou probado que “aproveitaba a discapacidade que sufría a menor para levar a cabo, en varias ocasións, tocamentos sobre a roupa, no peito e as nádegas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com