A Audiencia de Lugo condena a doce anos de cárcere a un home que agrediu sexualmente á neta da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a doce anos de cárcere á parella da avoa dunha menor por agredir sexualmente á nena en setembro de 2020, cando tiña 13 anos. O tribunal relata na sentenza que o sospeitoso mantiña unha relación de “parella estable” desde 2008 coa avoa da vítima, quen lle chamaba “avó”. Os maxistrados destacan na resolución que o acusado recoñeceu “de maneira expresa” no xuízo os gravísimos e desprezables feitos que cometeu”.

Con todo, salientan que a existencia de proba preconstituída, consistente na declaración da vítima menor, é “a proba principal” da causa e que está “corroborada e completada” por outras probas, entre elas os informes psicolóxicos e forenses. Ademais de doce anos de prisión, a Audiencia impúxolle o pago dunha indemnización á afectada de 30.000 euros e cinco anos de liberdade vixiada, así como a prohibición de acudir ou aproximarse ao domicilio ou ao lugar de traballo ou estudo da vítima, nun radio de 500 metros, e de comunicarse con ela por calquera medio ou por persoa interposta durante un prazo de catorce anos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com