A Audiencia de Lugo condena a sete acusados de traficar con droga en Viveiro

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a penas que oscilan entre once e 24 meses de cárcere a sete persoas acusadas de traficar con droga na zona de Viveiro. Os sospeitosos foron arrestados, segundo a sentenza, durante unha operación policial levada a cabo no verán de 2017. Así, os maxistrados relatan que dous dos investigados, os cales son parella, distribuían marihuana desde o seu domicilio de Viveiro. Para iso, os compradores contactaban con eles a través dos seus teléfonos móbiles. No fallo indican que o 2 de xullo de 2017 outros dous condenados, que tamén eran parella, se desprazaron desde Arteixo (A Coruña) a Viveiro “coa intención de subministrarlles substancias para a súa venda, dado que era unha fin de semana cunha notable afluencia de público na localidade”. A Sala destaca que axentes da Policía Nacional presenciaron como lles fixeron entrega dunha mochila con marihuana.

Os xuíces, ademais, consideran probado que o pai da condenada residente en Viveiro, quen faleceu, e a súa parella tamén vendían droga na localidade. No seu caso, heroína, do mesmo xeito que outros dous condenados. Un destes últimos, ademais de heroína, vendía cocaína. O tribunal salienta que a relación entre eles era “constante, informándose sobre a dispoñibilidade de substancias e mesmo aprovisionándose ocasionalmente entre eles”. Contra o fallo cabe presentar recurso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com