A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano e dez meses de cárcere a un acusado de estafar a un taxista, en novembro de 2016, ao non pagarlle polos servizos prestados.
O tribunal destaca que o sospeitoso “con evidente ánimo de lucro e na clara intención de non satisfacer o importe devindicado polo servizo de taxi, abandonou o club por unha porta que non se vía desde o aparcadoiro no que se atopaba esperando o taxista”. Ademais da pena de prisión, deberá pagar unha indemnización de 637 euros.