A Audiencia Provincial de Lugo absolve a dous acusados de agredir sexualmente a dúas mulleres en Viveiro

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolveu, por falta de probas, a dous acusados de agredir sexualmente no domicilio dun deles a dous mozas ás que coñeceron en 2021 nunha discoteca de Viveiro. O tribunal conclúe que a proba practicada “non apunta, sen ningún xénero de dúbidas, ao desenvolvemento dos feitos descritos polas acusacións, que implicarían un delito contra a liberdade sexual”. Os maxistrados fan referencia á “escasa contundencia do relato levado a cabo polas dúas denunciantes, que carece de elementos periféricos que poidan apontoar o manifestado por elas”.

A Sala acolle que non son suficientes para concluír “que poidan soster un pronunciamento condenatorio, pois o argumentario que defenden os procesados é igualmente sostible, polo que, sen acreditar plenamente a inocencia, introduce a dúbida que obriga a absolver”. Polo exposto, e en virtude do principio de presunción de inocencia, a Audiencia Provincial decretou a absolución dos dous sospeitosos. A resolución non é firme, pois cabe presentar recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com