A Audiencia Provincial de Lugo absolve a un home de delitos contra a liberdade sexual sobre a súa exparella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo absolve a un home da comisión de delitos contra a liberdade sexual sobre a súa agora exparella, menor de idade no momento dos supostos feitos, coa que conviviu durante varios meses na localidade de Vilalba (Lugo). A denunciante afirmou que “o acusado a obrigaba a mantener relacións sexuais con penetración vaxinal ou anal, empregando ben a forza física ou ben a presión psicolóxica”.

Na súa resolución o tribunal baséase en que a denuncia “non reúne suficientemente as garantías exixibles para fundamentar a condena”, xa que a muller “incurriu en imprecisións diversas” durante a súa declaración, “non sendo compatible esta cos seus propios actos durante o tempo que durou a relación”. Tamén se apoia no informe forense e no informe psicolóxico de credibilidade, no que as psicólogas indicaron que “aínda que o testemuño podía reputarse crible, había dúbidas importantes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com