A Autovía do Cantábrico estrea balizas intelixentes contra a néboa
A Autovía do Cantábrico estrea balizas intelixentes contra a néboa
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, presentou hoxe as balizas intelixentes en climatoloxía adversa (BICA) na A-8, no alto do Fiouco. Un acto no que estivo acompañado polo director do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste, Ramiro Martínez; a xefa provincial de tráfico de Lugo, Paula Yubero Praza; a coordinadora da DXT en Galicia, Mª Vitoria Gómez Dobarro; o xefe do Subsector de Tráfico de Lugo, José Miguel Martínez; o tenente coronel Francisco Javier Molano; e o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo.
Trátase dun proxecto no que se está traballando desde o ano 2015 que, tal e como destacou o delegado do Goberno, consiste “na instalación de balizas intelixentes baseado nun sistema de iluminación composto de tecnoloxía leds en ámbar e vermello” sobre un poste de 1,5 metros de altura. Segundo destacou, este é un elemento de advertencia que, ante situacións de néboa, activará o cor ámbar indicando a trazada da autovía en condicións de seguridade.
Villanueva explicou que “cando o sistema detecta o paso dun vehículo, ilumínase a parte da baliza en cor vermella para sinalar ao vehículo que vén detrás que hai un vehículo que lle precede”, ao que engadiu que deste xeito se indica a obrigatoriedade de “manter unha distancia de seguridade apropiada” e permítelle ver o movemento de desprazamento do citado vehículo.
Desde o pasado mes de febreiro o sistema está instalado nun tramo experimental de medio quilómetro en ambos os carrís sentido crecente, e está previsto que se amplíe a cinco quilómetros ciñéndose zona con maior afectación de néboa. Así mesmo, instalouse un panel-esbozo de información para que os usuarios da vía sexan coñecedores deste sistema instalado.
A semana pasada, durante a celebración do 18º congreso da Asociación de Sistemas Intelixentes de Transportes ( ITS), o director xeral de Tráfico, Gregorio Serrano, recibiu un recoñecemento pola instalación das balizas intelixentes en climatoloxía adversa, un premio que posteriormente foi entregado ao director do Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste, Ramiro Martínez. O galardón foi concedido pola efectividade que demostrou a BICA como ITS (sistema intelixente de transporte) aplicado á seguridade viaria.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Cookies estrictamente necesarias
As cookies estrictamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as tuas preferencias de axustes de cookies.
Enable or Disable Cookies
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as tuas preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Cookies de terceiros
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.
Enable or Disable Cookies
¡Por favor, activa primeiro as cookies estrictamente necesarias para que poidamos gardar as tuas preferencias!