O Concello de Lugo informa de que a Avenida Infanta Elena permanecerá cortada ao tráfico o vindeiro sábado, 15 de agosto, por mor do evento deportivo 52ª Edición G.P. A Milagrosa de Ciclismo 2015, dende as 15:30 horas e ata as 21:00 horas. O corte de tráfico afectará ao tramo comprendido dende a glorieta circular á que accede á Rúa Alexandre Bóveda (a circulación na rotonda non se verá afectada polo corte) ata a glorieta circular de acceso da Ronda Norte a esta avenida (esta rotonda si estará cortada).
Debido á lonxitude do tramo da proba, tamén se cortarán os seguintes tramos de vía:
– Carril de entrada á cidade da Avenida Infanta Elena dende a Avenida Paulo Fabio Máximo.
– Vial de acceso da Ronda Norte á Avenida Infanta Elena.
– Tramo da rúa Montefaro dende Avenida Padre Gómez ata Avenida Infantal Elena (excepto residentes).
– Tramo da rúa Río Narla dende a súa intersección coa Rúa Alexandre Bóveda (excepto residentes).
Ago 13, 2015 - 05:03 PM
Que van volver sacar os cabalos?