A Asociación de Xoves Empresarios de Lugo (AJE Lugo), substitúe este mércores 11 de abril as súas sesións de #Networking & Inglés por unha sesión de Galego Produtivo dirixida por Modesto Gómez, Economista e Xestor de Talento.
Durante 60 minutos os asistentes descubrirán dez ferramentas e outras tantas verbas que serán quen de cambiar a súa vida profesional e persoal. Son as 10 Chaves do Galego Produtivo. Dez ferramentas únicas que posicionarán a quen as utilice correctamente, dun xeito exclusivo. O acceso a esta sesión é libre e gratuito e terá lugar mañá ás 20.30 horas no Mom Beer& Cocktails, na Praza do Campo.