Logo dun parón de 3 anos a Banda Municipal de Música retomará a súa presenza no San Froilán, continuando cos seus 85 anos de historia nas festas. A concelleira de Cultura indicou que “dende o concello convidaremos dirección e intérpretes para reforzar á banda, que comezará a ensaiar durante a próxima semana”. Actualmente, a Banda Municipal leva 2 anos e 8 meses sen director desde a xubilación do anterior. Maite Ferreiro indicou que xa se está traballando, en conxunto coa área de Recursos Humanos, para solventar esta situación.
Outras 4 bandas actuarán nesta edición. O sábado 5 de outubro, a Banda Filharmónica de Lugo, seguida da Banda da Escola de Música de Rianxo tocarán na praza de San Marcos. O domingo das mozas, a praza de Santa María acollerá á Banda de Música de Outeiro de Rei e á Banda de Santiana de Figueira da Foz, e será o 12 de outubro cando a Banda Municipal de Musica toque na praza de Santa María.