A biblioteca provincial de Lugo acolle unha mostra itinerante sobre Manuel Rodríguez López

Na Biblioteca Provincial de Lugo, vense de abrir ao público a exposición Manuel Rodríguez López, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello e que da nome á Casa municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está a celebrar a vixésima edición. A mostra forma parte do Proxecto Manuel Rodríguez López  emprendido por Galicia Dixital e a familia do escritor.

Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Cataluña a maior parte da súa obra e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas nesta comunidade, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes

Esta mostra itinerante comezou o seu percorrido en Paradela para vir a Lugo no 2013, e logo expoñerse en Begonte, Paradela, Portomarín, Sarria, Vilalba, Santiago, A Coruña, Barcelona e Madrid. Na Biblioteca Provincial permanecerá durante o presente mes de Abril.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com