A Brigada de Augas deixou reparada este mediodía a avaría detectada en Marqués de Ombreiro

Ás 11:45 horas desta mañá a Brigada de Augas deixaba reparada a fuga, detectada este sábado na Avenida Marqués de Ombreiro logo de que os operarios municipais comezaran a traballar a primera hora do día na resolución desta avaría.

Do mesmo xeito, o abastecemento quedou restablecido nese intre e a veciñanza afectada polo corte puido recuperar a subministración despois de que o sábado unha tubaxe da canalización municipal sufrira  un rebentón que afectou ás vivendas da marxe dereita desta vía ata a súa confluciencia con Alcalde Carlos Vázquez Pimentel e tamén á Avenida dos Deportes, segundo explican dende a área de Medio Ambiente que estivo a realizar un constante seguimento da actuación.

Segundo trasladou o edil Miguel Fernández, tenente de alcaldesa, “tendo en conta que as conducións desta parte da cidade son moi antigas e que o material de construción empregado foi o fibrocemento, esta circunstancia condicionou a reparación, xa que fai preciso a utilización de equipos especiais cos que poder manipular axeitadamente esta substancia”.

Dende Medio Ambiente lémbrase que no último ano, o Concello realizou obras de substitución de redes que contiñan asbesto en varios puntos da capital como as rúas do Teixo, Ligustro, Frei Plácido Rei Lemos ou Landro, intervencións que continuarán durante este exercicio con cargo ao 1’1 millóns habilitados nos Orzamentos de 2020 especificamente para este fin.

Por outra banda e tamén con cargo a estos presupustos que entraron en vigor o pasado día 13, á maior brevidade posible, a área de Medio Ambiente  licitará un contrato para dar cobertura a estas avarías de emerxencia que se producen fóra do horario de traballo dos operarios municipais coa fin de dar resposta permanentemente e inmediata ás necesidades da poboación coa máxima dilixencia.

Novas relacionadas

  1. Mari Dominguez
    Xan 20, 2020 - 07:51 PM

    Tiveron que estar sin auga toda a fin de semana. Vergoñento.
    Lugo Capital de provincia!

    Reply
  2. Oscar Poy
    Xan 20, 2020 - 06:09 PM

    Así que primero desmantelan el servicio y luego, aprovechan la excusa para privatizar el servicio…

    Unos cracks estos del bipartito…

    El BNG se presentó a las municipales diciendo que esto no iba a pasar con ellos en el gobierno y mira…

    A las primeras de cambio 🤷‍♂️

    Reply
  3. Paz Del Rio Ramos
    Xan 20, 2020 - 04:04 PM

    E de vergonza ter que estar dous días sin auga, por non ter operarios de guardia o fin de semana. Supoño que viran descontados os dous dias no recibo. Jiji.

    Reply
  4. Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 20, 2020 - 02:32 PM

    Menos mal. Tan ben diseñado esta o traballo, que coma nesta caso seocurre algo en fin de semana ou festivo,. Estamos bendidos e Ben.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com