A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, recibiron esta mañá a un novo traballador municipal. Un Oficial Albañil que hoxe tomaba posesión do seu cargo como persoal laboral fixo. Unha praza á que accedeu mediante oposición libre.
Con este son xa case unha vintena de empregados públicos os que se foron incorporando, nas últimas semanas, aos distintos servizos do Concello para reforzar departamentos como o Rexistro, Estatística, Benestar, a Brigada de Augas, Negociado de Persoal, etc aos que cómpre engadir o axente, chegado de Ibiza, que, dende o pasado día 1 de decembro, desenvolve unha comisión de servizo na Xefatura de Lugo así como os novos 23 efectivos do Parque de Bombeiros.
Dec 09, 2019 - 02:00 PM
Mucho oficial albañil que me alegro pero que se lo cuente a una persona que conozco que patinó en un paso de peatones y acabó en un quirófano. Cuidado con esos contratos
Dec 09, 2019 - 04:40 PM
Pepe Alvez dale un fuerte abrazo a ésa persona y q se recupere muy pronto.Se q la conoces muy bien 🤗🤗🤗