A calidade da gastronomía lucense utilizada como reclamo turístico  en Fitur

Na presentación que se fixo hoxe da nova edición da colección de guías turístico-gastronómicas “… E para comer, Lugo” na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur), na que participaron representantes do Concello e da Deputación, o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, enxalzou a calidade da gastronomía lucense como reclamo turístico.

Arias felicitou á Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) pola nova publicación, que conta coa colaboración de Turismo de Galicia, e que “máis alá dunha guía gastronómica é unha invitación a deixarse levar polo encanto da nosa provincia e a descubrir os incontables atractivos que albergan os nosos concellos”.

O delegado territorial quixo ademais poñer en valor o traballo realizado no día a día polos hostaleiros lucenses, “que contribúe a impulsar un sector con tanto peso na nosa economía e representa un piar fundamental para consolidar a provincia como destino turístico”.

Arias precisou que a Xunta leva destinados 2 millóns de euros a financiar nove programas integrados de emprego en colaboración coa APEHL, que permitiron cualificar a uns 450 profesionais para incorporarse a traballar no sector hostaleiro.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com