Infografía del proyecto de fábrica de Altri. Infografía del proyecto de fábrica de Altri.

A campaña de micromecenado impulsada por ADEGA para a loita xudicial contra Altri xa supera os 30.000 €

A campaña de doazóns impulsada por ADEGA para emprender a loita xudicial contra a celulosa de Altri vén de “superar os 30.000 euros recadados en pouco máis dunha semana”. A organización ecoloxista lanzou o micromecenado Xustiza para o Ulla o pasado venres, 28 de marzo, co obxectivo de “reunir os fondos necesarios para a defensa xurídica do Ulla e da ría de Arousa fronte á macrocelulosa de Altri e a mina de Touro-O Pino. O éxito desta campaña mostra a solidariedade do pobo galego coa defensa da terra fronte a proxectos depredadores e contaminantes”.

Máis alá deste primeiro reto, dende  ADEGA aseveran que “irán lanzando novos obxectivos económicos conforme se vaian dando ou anunciando as distintas resolucións administrativas recorribles da Xunta de Galiza que sexan favorables á execución da fábrica de celulosa de Altri ou á mina de Touro-O Pino”.

Os custos da loita xurídica (recursos, demandas, medidas cautelares, informes periciais, eventuais caucións e/ou costas…) contra ambos os dous proxectos poden variar dependendo do número e entidade dos procedementos xudiciais que haxa que emprender nos vindeiros meses, “mais se a Xunta outorga todas as autorizacións recorribles, estes poderían superar os 100.000 euros”, afirman.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com