A candidatura de Candia ao PP provincial suma dúas novas agrupacións locais

A candidatura de Elena Candia á presidencia do Partido Popular de Lugo, que celebrará o seu congreso o próximo seis de marzo, continúa a sumar apoios ao seu proxecto. Nesta fin de semana acadou o respaldo de dúas novas agrupacións locais: as do Vicedo e Guntín. O alcalde deste municipio declarou que “apoia a candidatura que encabezan Elena Candia e Ramón Carballo”. Ademais, Jesús Carreira Ferreiro subliñou que “lle encáixa o proxecto que presenta a candidatura que preside Elena Candia “a través do que buscan un maior protagonismo dos militantes, ademais de integrar a xente preparada dos sectores máis representativos da provincia, o que nos permitirá estar máis preto dos lucenses e das súas necesidades”.

Pola súa banda o alcalde vicedense Jesús Novo, destacou a “valía profesional” da rexedora de Mondoñedo e a súa “enorme capacidade de traballo” que “puxo de manifesto tanto no Goberno da Deputación como na súa labor de oposición no Grupo Provincial do Partido Popular”. “Creo e cremos nela para liderar o PP lucense”, remarcou.

Jesús Novo, mandatario municipal de xeito ininterrompido dende 2001 na alcaldía vicedense, resaltou o “profundo compromiso” de Elena Candia na defensa dos intereses dos veciños dende as institucións das que forma parte tendo “sempre moi presente a nosa comarca da Mariña”.

O rexedor popular defende o proxecto da mindoniense e do equipo que lidera xunto a Ramón Carballo, como “o idóneo” para guiar as rendas do Partido Popular de Lugo e acercar o partido á militancia. “As medidas que nos deu a coñecer, xunto a súa experiencia, o seu compromiso e o equipo que a rodea, aválana para asumir a presidencia dos populares lucenses”, indicou.

A candidata á presidencia quixo agradecer os apoios que está a sumar tanto de alcaldes, de agrupacións locais como de militantes e de persoas comprometidas co Partido Popular e cos lucenses e engadiu que “todas as agrupacións van ter presenza no partido, se o vindeiro seis de marzo a candidatura que encabezo resulta elixida para presidir a formación política provincial lucense”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com