A Casa da Xuventude quenta motores para o Entroido cunha programación específica para a mocidade

A Casa da Xuventude acollerá nas vindeiras semanas varias actividades de ocio para festexar o Entroido. Dende o próximo día 11 e ata o luns 24, nas instalacións de San Fiz, desenvolveranse diferentes propostas lúdicas para a rapazada de entre 14 e 35 anos.

Baixo o nome Cociñando con Sabor a Entroido, os martes 11 e 18 de febreiro, terá lugar un taller gastronómico no que se elaborarán receitas de doces e postres típicos destas datas. Hai dez prazas dispoñibles e o custo da inscrición é de 1’64€.

A continuación, os días 20 e 21 celebrarase un obradoiro de tatuaxes de henna e de calcamonías imprimibles, e o 22 e 24 de febreiro outro de maquillaxe de Entroido.

“Poderán apuntarse 20 persoas en cada un deles e o prazo para anotarse permanecerá aberto até o día anterior ao seu inicio. Ademais, ámbolos dous son de carácter gratuíto e se realizarán en horario de tarde, de 17:00 a 20:00 horas”, explicou a edil Ana González Abelleira, ao tempo que convidou á mocidade lucense a participar e desfrutar da programación organizada pola área de Xuventude.

As incricións deberán formalizarse na Casa da Xuventude, na rúa Xesús Bal e Gay, onde tamén se pode atopar toda a información ao respecto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com