A Cata Literaria deste xoves na que participa Marica Campo aprázase para o próximo xoves

O Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que se apraza a cata literaria que ten como protagonista a escritora e poeta lucense Marica Campo. A nova data de celebración será o xoves 28 de maio ás 20 horas no MIHL.

Desta maneira, e por petición da propia escritora, aprázase a cita literaria e gastronómica para que non coincida coa manifestación en prol dos servizos de Hemodinamica 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear para o Hospital Lucus Augusti.

As Catas Literarias, ademais de literatura, teñen o atractivo de ofrecer unha mostra da gastronomía lucense acompañada de viño da Ribeira Sacra. Tamén, durante o evento, haberá música a cargo de diferentes grupos da cidade.

Para poder asistir haberá que adquirir unha entrada cun prezo de 5 euros que está a venda na Biblioteca Municipal da Milagrosa (luns a venres, de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:00), no Centro de Interpretación da Muralla, (luns a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00), no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), (martes a sábado, de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:30) e na web www.entradaslugo.es .

O xoves 28 de maio tamén se celebra o bo-cata literario coa narradora e escritora Charo Pita que dende o ano 1994 desenvolve a súa actividade como narradora oral. Ademais tamén recibiu premios literarios e os seus dous primieros libros foron IgorDesde Arcadia para Govinda.

Os nenos e nenas que se acheguen ás 18 horas ao MIHL poderán merendar uns bocadillos, froita e auga mentres desfrutan dos contos e historias que lles presenten ambos narradores. O prezo da entrada é de dous euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com