A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co financiamento da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais F. S. P., a xornada informativa Redución da Sinistralidade Laboral, na que se analizarán os diferentes conceptos relacionados coa sinistralidade, así como as novidades que introduce o Real Decreto 231/2017, do 10 de marzo, polo que se regula o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral.
Outras cuestións que se analizarán son diferenzas entre accidentes, enfermidades e incidentes; evolución da sinistralidade en España, avaliación de custos de accidentes de traballo e enfermidades profesionais ou beneficios tanxibles e intanxibles da prevención de riscos laborais. A xornada terá lugar en Lugo,na sede central da CEL (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta) o xoves 14 de xuño, a partir das 10:30 horas e contará coas achegas de Adela Pérez Arias, Licenciada en Dereito e Máster en PRL, e actualmente Directora da Delegación de Lugo de Norprevención S. L, sociedade acreditada como Servizo de Prevención Alleo (SPA).
Aínda que o acceso é gratuíto, as prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través da web www.cel.es ou chamando ao 982 23 11 50.