A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) vén de trasladar ao Concello de Lugo unha solicitude para homenaxear ao empresario recentemente falecido, Jesús Lence, coa que pretender que se proporcione “o seu nome a unha rúa ou praza da cidade”. O escrito que acompaña á solicitude remitida ao Concello, ten en conta as “dificultades de facer empresa desde Lugo, unha provincia de interior e con dificultades de comunicación, que Jesús Lence fose capaz de crear un grupo empresarial que xerou 148 millóns de euros en facturación en 2017 ou que proporciona emprego a máis de 220 persoas, é sen dúbida un fito que cremos merece un recoñecemento duradeiro”. A CEL propón esto tras valorar, din, a mellor fórmula para homenaxear a Lence.
A comunicación ao Concello tamén destaca que “hai que valorar ademais que Jesús Lence non soamente foi o impulsor e temón dun grupo empresarial punteiro na provincia, senón tamén mecenas e protector de diferentes entidades deportivas e benéficas, desde o Club de Baloncesto Breogán á Escudería Miño, FUDACE e tantas outras”.
Así mesmo, sinálase que o papel de Jesús Lence no ámbito empresarial lucense “vai máis aló das súas propias empresas, pois contribuíu de forma constante a reforzar o papel das organizacións empresariais a través de, entre outros, o Consello Asesor da CEL, ou impulsando o éxito de novos emprendedores co seu apoio ao labor da Fundación CEL”. A CEL busca que esta homenaxe póstuma sirva, por tanto, de agradecemento a unha persoa que prestou á CEL “o seu apoio incondicional” e de forma sostida no tempo “a través do seu Consello Asesor”. A CEL recalca tamén que “recoñecer o papel de empresarios e emprendedores é apostar polo futuro de Lugo”.
Nome para o Pazo Provincial dos Deportes
Pola súa banda, o Grupo Provincial Popular vén de solicitar unha xunta de portavoces na Deputación de Lugo para que o Pazo Provincial dos Deportes da cidade leve o nome de Jesús Lence como unha homenaxe póstuma “polo seu compromiso social e co deporte”.
A voceira do PP, Elena Candia, explica que logo de manter unha reunión con Ramón Carballo se adoptou a decisión de xeito consensuado, polo que agarda que ademais do apoio do Grupo Municipal do PP se consiga o apoio de todos os Grupos con representación na Corporación Provincial.
Abr 10, 2019 - 09:30 PM
E pondranlle”Explotador Jesús Lence”
Abr 10, 2019 - 09:23 PM
por sus reiteradas condenas?