No día de hoxe a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) comunica a anulación da obra de restauración do caneiro de Aceña de Olga, procedendo a rescindir a encomenda a empresa Tragsa adxudicataria que xa fixera algunha labor de limpeza previa para realizar a obra. A razón exclusivamente é que Patrimonio Natural da Xunta non resolve a autorización para trasladar o mexilon de río o que imposibilita a execución desta importante actuación.
“Esta obra só pode realizarse durante o periodo de estiaxe, de feito a planificación prevista era a de poder comenzar a principios de xullo (nos 10 primeiros días), a estas alturas non é posible esperar máis” explicou o presidente do organismo de bacía; “levo tempo diciendo que xa estamos en periodo de desconto e asumindo moito risco ao demorar o inicio da obra” incidiu.
O periodo de execución das obras, segundo a planificación da empresa, é de algo máis de 2 meses, tendo en conta que hai que desenvolver os traballos con sumo cuidado para evitar danos medioambientais, ao que lle hai que sumar outra semana máis para trasladar o mexilón en condicións idóneas para non danar a colonia.
Hay que ter en conta, ademáis, que a data tope de execución é o 1 de novembro, data imposta pola Administración Autonómica a partires da que está estrictamente prohibido traballar no río dado que comenza a freza das troitas; o que quere dicir que, ainda que as augas estivesen Baixas, non sería posible executar as obras previstas.
Compre destacar tamén que o caneiro está ligado ao Muiño e que neste momento a CHMS esta a rematar o proxecto para eliminar o feísmo urbanistico do edificio e preparalo para a divulgación de valores e historia do río polo que formaba parte dunha actuación integral.