A CHMS constrúe unha nova estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica en Friol

Para mellorar a xestión e control dos recursos hídricos, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), dá un paso máis coa construción dunha nova estación do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) no río Narla, ao seu paso polo municipio lucense de Friol.

Cun investimento de máis de 54.000 euros, a construción desta nova estación permitirá rexistrar e transmitir en tempo real datos hidrometeorológicos esenciais para a súa explotación e análise no Centro de Control de conca (CECU).

Estas accións non só buscan mellorar a capacidade de resposta fronte a emerxencias, senón tamén optimizar o uso sostible da auga para minimizar o impacto no cambio climático e previr fenómenos meteorolóxicos extremos. POCTEP RISC_PLUS, un proxecto cofinanciado por FEDER. As accións realizadas baixo o proxecto POCTEP RISC_PLUS están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg VIN A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, que promove proxectos de cooperación transfronteiriza co apoio da Unión Europea.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com