A CHMS inicia o proxecto de rehabilitación do caneiro de Acea de Olga

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), comezou na contorna de Acea de Olga os traballos previos á rehabilitación do caneiro de O Muíño, no río Miño ao seu paso pola cidade de Lugo.

De forma paralela ao traslado previsto das especies afectadas iniciaranse os traballos de reparación que, estruturados en tres fases, desenvolveranse ata o próximo mes de outubro. O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, destacou que “non existe ningún traballo tan exhaustivo como o que se está realizando nesta fase previa aos proxectos de rehabilitación do represa e Muíño de Olga”, subliñando que permitirá caracterizar en gran detalle os ecosistemas fluviais das especies afectadas.

Os datos obtidos polo equipo científico do proxecto avaliaron que a poboación afectada de forma directa e indirecta polas obras incluirían ata un total de entre 7.500 e 15.600 exemplares: de forma concreta, entre 4.400 e 9.100 exemplares de P. littoralis e entre 3.100 e 6.500 de U. delphinus. Mergulladores con visores subacuáticos son os encargados de realizar o traballo de localización das náyades nas zonas afectadas. A través de técnicas de mergullo non autónomo recollen, un por un, os exemplares de forma manual. Estes son mantidos en recipientes isotermos cubertos por auga ata o seu traslado, realizado en todos os casos durante o mesmo día en que son colleitados.

As especies trasládanse en lotes separados (de 500 exemplares de P. littoralis e 250 de U. delphinus). Augas abaixo seleccionáronse un total de 12 tramos idóneos, onde os técnicos depositarán os diferentes lotes recolleitos. Para cada un deses espazos calculouse a súa capacidade máxima de acollida de especies, límite que nunca se superará. “Os mergulladores irán colleitando todos os exemplares que se vaian detectando, de forma individualizada, para logo marcalos, caracterizalos e separalos por especies.

Aquí temos dúas especies que son vulnerables, Potomida littoralis e Unio delphinus”, indicou Alberto de Anta, comisario adxunto da CHMS e director das obras; “son especies que filtran a auga, que van retirando ou asimilando certos contaminantes que pode haber e que teñen unha función moi importante para o ecosistema”, explicou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com